O máster que se propón ten como obxectivo que o alumnado sexa capaz de seleccionar e utilizar as ferramentas metodolóxicas para a súa aplicación no deseño, execución e control de proxectos de valoración, xestión e/ou difusión no Patrimonio cultural. Trátase dun máster de carácter mixto investigador/profesionalizante, no que para a adquisición de competencias empregarase unha metodoloxía docente semipresencial que inclúe novas formas de intervención: fomento de traballo autónomo supervisado, metodoloxía participativa, estudo de casos prácticos, aprendizaxe baseada na análise de problemas e formulación de solucións, uso de recursos informáticos e en liña, establecemento de enlaces co mundo profesional, fomento do traballo en grupos coordinados, etc. Así, tanto os contidos como a metodoloxía docente adáptanse para acadar as competencias específicas e xerais que van necesitar os futuros egresados para desenvolver con éxito as tarefas propias do exercicio profesional.

De entre todas as características do máster, quizáis a conxugación de sinerxias procedentes de múltiples ámbitos profesionais e científicos para crear un novo espazo profesional sexa a característica máis marcada da proposta.

Memoria do título

 

Páxina web do título

 

Datos xerais do título

Denominación do título Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
Código RUCT 4315075
Rama de coñecemento Arte e Humanidades
Modalidade de ensino Semipresencial (docencia en liña)
Réxime Completo/Parcial, Formación continua
Lingua de impartición Castelán, galego
Número de prazas ofertadas 20 prazas (2 de formación continua)
Número de créditos ECTS 60 (30 OB + 15 OP + 6 PE + 9 TFM)
Duración do programa 1 curso académico
Coordinación do título Fermín Pérez Losada
Responsable do título Julio Prada Rodríguez
Centros nos que se imparte Campus de Ourense: Facultade de Historia
Campus de Vigo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Páxina web http://webs.uvigo.es/masterhtco3
Prezo Estudante estatal: 1326,57€* / Estudante estranxeiro (alleo ao EEES): 1650,75€*
Data de última verificación 30/04/2020

 

Coordinación

Fermín Pérez Losada
Facultade de Historia
masterhtco3@uvigo.es

Matrícula

Área de Estudos de Posgrao
988 368 803 | 988 368 910 | 988 368 909
administracionposgrao.ourense@uvigo.es